O noso monte atopase entre a Serra da Groba e a Serra do Galiñeiro, a unha altitude media duns 380 metros sobre o nivel do mar e rodea case por completo o núcleo rural da parroquia tomiñesa de Pinzás.
Contamos con 532 ha nun só monte denominado “Cereixo”, dedicadas a usos forestais, gandeiros e recreativos.
En xeral os nosos terreos non contan con grandes pendentes, e o punto máis alto é o “Alto das Pozas” situado a 600 metros sobre o nivel do mar.
Existen numerosos cauces fluviais, sendo o de maior importancia o río Cereixo, que nace no noso monte e vai desenbocar ao río Miño.