Sobre nós

Comunidade de Montes de Pinzás

O noso monte atopase entre a Serra da Groba e a Serra do Galiñeiro, a unha altitude media duns 380 metros sobre o nivel do mar e rodea case por completo o núcleo rural da parroquia tomiñesa de Pinzás.

Contamos con 532 ha nun só monte denominado “Cereixo”, dedicadas a usos forestais, gandeiros e recreativos.

En xeral os nosos terreos non contan con grandes pendentes, e o punto máis alto é o “Alto das Pozas” situado a 600 metros sobre o nivel do mar.

Existen numerosos cauces fluviais, sendo o de maior importancia o río Cereixo, que nace no noso monte e vai desenbocar ao río Miño.

As nosas actividades

Actividade forestal

A actividade forestal constitúe unha das nosas actividades principais. Contamos no noso monte con zonas dedicadas a producción de madeira, principalmente piñeiro, e outras zonas con carácter protector nas que hai frondosas autóctonas como os carballos.

Actividade gandeira

A actividade gandeira foi unha das actividades tradicionais do noso monte. Na actualidade contamos con 143 ha de pastizais, moitos deles degradados como consecuencia da perda da actividade gandeira nas últimas décadas.

No ano 2017, comezamos unha experiencia piloto de posta en marcha dun sistema slvopastoril, coa introducción de gando vacún no noso monte. Esta experencia piloto consolidouse no ano 2020, cando levamos a cabo unha serie de melloras como a recuperación de pastizais degradados, a contrucción de peches gandeiros, a implementación dun sistema de xeolocalización do gando, a construción dun almacén e un aula interactiva de interpretación entre outras. Isto foi posible grazas á concesión dun proxecto ao abeiro da convocatoria de proxectos do GDR14 no marco da submedida LEADER do PDR de Galicia.

Actividades recreativas e culturais

No noso monte contamos con zonas destinadas as actividades recreativas e culturais e a práctica da micoloxía tamén está presente.